Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vilanova confía aos nenos a tarefa de sensibilizar á familia sobre a prevención ante a covid

O alcalde insiste en que se deben extremar as precaucións no círculo da familia e amizades // Vaticina que en decembro haberá vacina

O Goberno local de Vilanova de Arousa que lidera o popular Gonzalo Durán acordou onte no comité municipal de seguimento da pandemia, ao que se incorporou a psicóloga municipal, realizar charlas de concienciación en institutos e colexios, dirixidas á prevención da covid no ámbito familiar.

A incidencia da covid na vila arousá marca cifras demasiado elevadas, segundo contou Durán, “temos 200 casos por cada 100.000 habitantes, entre os cincuenta de Galicia con máis incidencia”. Uns datos desalentadores que invitan a pensar que falta concienciación e á relaxación das medidas de seguridade, unha vez que o elevado número de visitantes que recibe a localidade en temporada estival, voltaran aos seus lugares de residencia. “Hai unha falsa sensación de seguridade no ámbito familiar, se nos ven a visitarme un fillo ou un neto que está fóra pensamos ‘cómo me vai contaxiar alguén da familia? Iso só o fan os de Madrid, os de Barcelona ou os que veñen de México’. E non é así, na familia tamén se contaxia”, estimou Durán.

É por iso, co obxectivo de levar esta mensaxe de prevención a todos os fogares vilanoveses, o seu rexedor lembrou un plantexamento que lle funcionara ben “con temas como o do cinturón nos coches”, levar a mensaxe aos colexios para que sexan os pequenos estudantes quenes retransmitan a lección en cada un dos fogares.

Será a psicóloga municipal, a encargada de impartir os talleres nos institutos e colexios da localidade, “como se fai con multitude de temáticas”, para que os nenos conciencien nas casas e ademais “aquiran uns coñecementos sanitarios que lle valerán para toda a súa vida”, augurou o rexedor.

Durán non dudou en apelar á responsabilidade da poboación para frear o ritmo dos contaxios na vila, que se elevou tras o brote detectado nunha factoría avícola do veciño concello de Cambados. “É o momento, da casa ao traballo e do traballo á casa. Hai que extremar as precaucións e reducir o contacto social”, demandou o alcalde. O popular mostrouse confiado sobre a próxima chegada dunha vacina. “Son uns meses, que en decembro se empezará a vacinar, e os casos baixarán porque non haberá tantos contaxios, cando haxa un 40/50% de poboación vacinada”, profetizou o rexedor.

“Ata aquel entón, frenémonos”, concluiu Durán, que confia aos máis novos o papel de conter a relaxación nas medidas dos máis adultos nas propias casas, xa que segundo as autoridades familiares é nestas e nas reunións de amigos onde se producen o 80% dos contaxios.

07 oct 2020 / 18:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.