Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A áncora dun petroleiro lucirá na glorieta da boirense avenida da Constitución

Boiro. O Concello de Boiro instalará unha gran áncora na nova glorieta da avenida da Constitución. Era dun buque petroleiro e foi doada pola familia Fajardo López. Mide 6 metros de alto e pesa 25,5 toneladas. A eliminación dos semáforos e a instalación da glorieta estanse a realizar no marco das obras de renovación de beirarrúas e servizos na avenida de Barraña.

As actuacións que se pretenden levar a cabo teñen como finalidade mellorar as condicións de seguridade viaria, favorecer a mobilidade alternativa cun tramo de carril bici e renovar os servizos de recollida de pluviais e iluminación. O proxecto contempla tamén a execución dunha glorieta na intersección das avenidas da Constitución e de Barraña, que xa está en fase de probas para comprobar o seu funcionamento.

Ademais, acometerase a renovación integral da avenida de Barraña no tramo comprendido entre a nova glorieta e a rúa Vimieiro, que presenta numerosas deficiencias funcionais nas beirarrúas, na rede de recollida de pluviais e na rede soterrada de alumeado público. Vanse executar novas beirarrúas e un espazo específico para a mobilidade alternativa mediante a creación dunha primeira fase de carril bici e pasos de peóns elevados para mellorar a accesibilidade e facer un control de velocidade nese tramo.

“A áncora da glorieta é un recoñecemento ós navegantes, que tiveron e teñen gran importancia no desenvolvemento de Boiro”, dixo o alcalde, José Ramón Romero. s. S.

12 abr 2022 / 14:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.