Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A andaina nocturna da Santa Compaña contou con 2.400 participantes

RIANXO. O pasado domingo celebrouse en Rianxo a quinta edición da Andaina da Santa Compaña, organizada pola concellería de Deportes e a Sociedade Deportiva Barbantia Roda. Contou coa participación de 2.400 persoas, que realizaron un percorrido nocturno de oito quilómetros polos montes de Taragoña. Unha trintena de socios e socias da entidade organizadora disfrazáronse de demos, bruxas e seres do inframundo para ambientar a andaina, que todos e todas fixeron con lanternas na cabeza. O éxito da iniciativa foi tal que se duplicou o número de participantes da última edición. A actividade rematou ás dúas da madrugada no mesmo lugar onde comezara: o Campo Maneiro de Taragoña. Os organizadores xa están preparando a vindeira edición, agardando que o éxito sexa aínda maior e que teña continuidade no tempo. S. Souto

17 ago 2022 / 17:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.