Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Banda de Música da Pobra actuará o día 27 cas de Tenorio e Coruxo

A POBRA. A concellería de Cultura da Pobra e a Banda de Música Ateneo Musical desta localidade organizan unha nova cita para a última fin de semana de agosto, que terá como escenario a Praza Alcalde Segundo Durán.

A titular de dito departamento, Patricia Lojo, e Manuel Sobral, director da mencionada entidade melódica, explican que o vindeiro día 26, ás 22.00 horas, a formación ofrecerá a actuación titulada De tradición xunto con Suso Vaamonde, quen complementará os instrumentos da banda con outros propios do folclore galego, e darase unha explicación deles, polo cal tamén terá unha vertente didáctica.

A programación proseguirá na xornada do día 27, a partir das 20.00 horas, co prato forte do cartel: o VI Festival de Bandas, que se retoma tras dous anos de parada pola pandemia. Contará coa participación das bandas de Coruxo, de Tenorio e do Ateneo Musical da Pobra. E o evento chegará á súa fin o día 28, das 21.00 horas en diante, co Concerto de película, a cargo da propia sociedade musical pobrense, que interpretará un total de catorce pezas sonoras de diversos filmes xunto cun soporte visual, creando así un ambiente especial.

O acceso a todas estas actuacións será libre ata completar o aforo. suso souto

22 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.