Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A campaña da patronal de Boiro bateu récords coas compras de 1.431 clientes

Entregou dez vales de 200 euros e un de 1.000, que se poden gastar nos 194 negocios participantes

Boiro. A Asociación Boirense de Empresarios realizou a entrega dos once premios da campaña de Nadal: dez vales de 200 € e un premio especial de 1.000 €, que recaeu en Oliva Filgueira pola compra realizada no establecemento Crisel Hogar.

Os bonos pódense utilizar en calquera dos 194 negocios asociados e non teñen caducidade. No acto participaron o presidente e o vicepresidente da entidade, Daniel García e Javier Caamaño, respectivamente, quenes agradeceron ós afortunados e afortunadas “o voso compromiso co comercio de proximidade ao realizar as compras na localidade, o cal redunda en beneficio do noso comercio e de todo o pobo”.

Daniel García destacou os datos de participación, xa que se rexistraron un total de 7.082 tiques de compra na aplicación de sorteos, correspondentes a compras de 1.431 clientes nos establecementos asociados.

“Este dato supón un récord absoluto en calquera campaña da ABE e afianza a aposta da entidade por utilizar métodos dixitais nos sorteos e promocións que realiza”, explicou ó respecto o presidente da patronal.

García lembrou que “durante todo o ano os clientes poden seguir rexistrando tiques para acadar premios do catálogo de puntos que está sempre dispoñible para consultar na web da patronal”. Para coñecer os puntos, os clientes reciben con cada rexistro un correo electrónico no que se lles indican os puntos conseguidos con ese tique e o seu saldo acumulado. Dende ese email poden consultar o catálogo de agasallos e pedir o cambio dos puntos.

Tamén a patronal da Pobra sorteou os 19 vales de 50 € e 2 de 200 € da súa campaña de Nadal. Os dous últimos corresponderon a clientes que recibiron os boletos premiados por compras en Congelados Carmela e Combustibles Barbanza. s. s.

23 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.