Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Cruz de Lampedusa recalou na vila da Pobra

A POBRA. No contexto da inmigración subsahariana cara Europa, en 2013 un dos caiucos que transportaba a preto de 500 persoas afundiu fronte á costa da illa italiana de Lampedusa. O balance foi o rescate de 155 supervivintes e a morte de 360 persoas, aproximadamente. Isto xerou unha gran conmoción na sociedade italiana, chegándose a decretar un día de loito nacional neste país. O carpinteiro Francesco Tuccio compuxo unha cruz latina cos restos de madeira deste naufraxio, en conmemoración dos falecidos, erguendo unha peza de 60 quilos, 2,80 metros de alto e 1,50 de ancho. En 2014, o Papa Francisco bendeciu a cruz e pediu que percorrese o mundo. Esta semana o centro de FP Divino Maestro da Pobra recibiu a cruz, que serviu para concienciar ao alumnado do drama que supón a migración. Os estudantes asistiron a charlas sobre a problemática da migración e a necesidade de ofrecer respostas solidarias e humanitarias. Suso souto

15 oct 2021 / 15:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.