Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Deputación financiará o acondicionamento do lavadoiro do Chalón

MUROS. A Deputación da Coruña financiará cunha aportación de 12.000 euros o proxecto para o acondicionamento da contorna do lavadoiro do Chalón, no Concello de Muros, que conta cunha cuberta de formigón que actualmente se atopa en moi mal estado.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo Romero, asinaron o convenio polo que a institución provincial achegará 12.000 euros, o 80 % do orzamento total previsto para a execución da obra, que ascende a 15.000 euros.

A actuación centrarase na substitución da cuberta de formigón que se construíu sobre o lavadoiro e que, nunha inspección encargada polo Concello, foi cualificada como de moi baixa calidade estética e que ademais conta cun mal estado de conservación. Os traballos a levar a cabo inclúen a protección do lavadoiro para evitar que sufra calquera deterioro durante o proceso de demolición mecánica do forxado, alicerces e vigas que forman a cuberta. Posteriormente executaranse peitoriles perimetrais de 45 centímetros de altura e 30 centímetros de ancho e unha escaleira de pedra.

O prazo previsto para a execución dos traballos desde o inicio das obras é de tres meses. m. c.

18 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.