Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A ecobrigada de Amicos rehabilita o xardín botánico de Granbazán

RIBEIRA. A ecobrigada da asociación Amicos (formada

por persoas con discapacidade intelectual e autismo e que se adica a prestar servizos de conservación de montes, parcelas rurais e xardíns) comezou este mércores un proceso de rehabilitación do xardín botánico da adega Granbazán, en Vilanova. O obxectivo deste traballo é por en valor este espazo, no que existen varias especies de gran antigüidade, para a realización de eventos ao aire libre e catas de enoturismo. Dende a adega apostaron por empregar esa parte das instalacións para acoller visitas no verán. “É un gran reto a rehabilitación deste espazo, xa que ten multitude de especies vexetais cun gran valor”, sinala Carlos Vázquez, capataz da ecobrigada, que está formada por un capataz e tres peóns forestais con discapacidade en risco de exclusión social. s. s.

02 jun 2021 / 13:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.