Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Escola de Hostalería de Ribeira incorpora a pastelería ó seu plan formativo

O obradoiro de emprego O Pote 2 da Escola de Hostalería de Ribeira, especializado en operacións básicas de cociña, vén de ampliar o seu programa formativo ao incorporar unha nova especialidade: a de operacións básicas de pastelería, segundo resolución favorable da Consellería de Emprego e Igualdade. Deste xeito, os quince mozos e mozas que están a cursar este programa mixto de emprego e formación verán ampliados os seus coñecementos durante a súa asistencia a esta escola taller que, cómpre lembrar, está tendo lugar no segundo andar da Escola Municipal de Hostalería e se prolongará ata o vindeiro 14 de setembro (con 1.920 horas formativas). O programa está promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

25 may 2021 / 19:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.