Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A escola de música de Carnota despide o curso con varios concertos

CARNOTA. Inmersos na recta final do curso, dende a Escola Municipal de Música de Carnota informaron das actividades programadas para as vindeiras semanas. A primeira iniciativa está fixada para o mércores 18 de maio. Trátase do concerto do grupo Lisdexia, formado por xóvenes muradáns, para o alumnado, quenes terán ocasión de tocar con eles varios dos seus temas. Será ás 18.00 h. no Campo do Viso.

Xa o 6 de xuño, á mesma hora, terá lugar na escola un microconcerto de guitarra, a cargo do alumnado máis pequeno. Nesta mesma ubicación, o día 8 celebrarase outro microconcerto de linguaxe musical e piano no que se representarán temas como Shallow, Hey Jude ou La bella y la Bestia para deleite do público.

Por último, o venres 17 de xuño desenvolverase o festival de fin de curso, que será no Porto do Pindo nun palco ao aire libre (18.00 horas). Mestres e alumnado da Esmu de Carnota mostrarán unha pinga do aprendido no presente curso con actuacións grupais con todos os instrumentos para emular a Bon Jovi, Cold Play, The Beatles ou Yiruma.

O período de matrícula para o vindeiro curso abrirase do 1 ao 15 de xuño. Poderá formalizarse na sede electrónica do Concello ou ben na oficina de Cultura. m. c.

16 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.