Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A exposición pública o plan de depuración de San Finx

Lousame. A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de someter a participación pública o proxecto de recuperación ambiental para a depuración das augas residuais procedentes da Mina de San Finx (Lousame).

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publicou este mércores o anuncio polo que se somete a información pública o novo proxecto presentado por Tungsten San Finx, S.L., no marco do expediente de solicitude de autorización para o vertido ao río Pesqueira (ou rego de Rabaceiros) das augas residuais depuradas procedentes da explotación mineira situada en Vilacova, no termo municipal de Lousame.

As persoas interesadas terán un prazo de 30 días, contados a partir do seguinte á data de publicación do anuncio, para presentar as achegas e consideración que estimen oportunas.

Dende Xunta indican que con este trámite séguese o procedemento establecido que debe superar o novo proxecto de depuración presentado pola empresa para garantir o cumprimento dos parámetros da calidade das augas para o vertido ao río Pesqueira, o cal, apuntan, incorpora os requirimentos exixidos por Augas de Galicia.

“Este procedemento ten por obxectivo ofrecer máxima transparencia e garantir a participación dos axentes interesados, recollendo os informes sectoriais dos distintos órganos con competencia na materia”, sinalaron. m. t.

04 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.