Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Fieiteira vai ter sistema de retransmisión e de gravación

Ribeira. O Concello de Ribeira acaba de sacar a licitación a contratación dun sistema de gravación e retransmisión de eventos que permita unha realización tanto manual como automática naqueles nos que sexa posible, cun sistema de cámaras e elementos de son fixos instalados no pavillón municipal da Fieiteira e no campo de fútbol anexo.

O orzamento de licitación ascende a 18.139,99 euros, IVE incluído. Os servizos que debe prestar quen opte á adxudicación do concurso abranguen a subministración, instalación e posta en marcha dun sistema de gravación; a realización e emisión de eventos baseada en hardware de vídeo e audio; un sistema de control, xestión e axendado de eventos; e a formación asociada ao sistema. Ademais, o sistema deberá poder emitir e gravar os diferentes eventos que se celebren no recinto (principalmente deportivos) e deberá posibilitar a realización e emisión de eventos de forma automática ou con realización manual por parte do licitador ou dun terceiro.

As empresas interesadas dispoñen ata o vindeiro luns día 28 deste mes á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia. suso souto

23 mar 2022 / 17:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.