Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Garufa Blue Devils Big Band levará o ritmo swing a Muros o luns

Sito Sedes, o cantante de Los Satélites, subirá ó escenario xunto ós 22 membros do grupo

Muros. Este luns, día 28, ás 22.00 horas, chega á praza consistorial de Muros a música en directo da Garufa Blue Devils Big Band, que interpretará un repertorio que se nutre dos grandes clásicos do swing sen perder de vista a música afrocubana dos anos 30 e 40, o cine e o cabaret.

Dirixida polo mestre Roberto Somoza (clarinete, frauta e arranxos) e orixinaria da Coruña, a Garufa Blue Devils Big Band está formada por dezaoito músicos (cinco saxos, catro trompetas, catro trombóns, batería e percusión, piano, guitarra e contrabaixo) e catro voces solistas.

O concerto, patrocinado por Turismo de Galicia, contará ademais coa presenza do mítico cantante da orquestra Los Satélites e unha das lendas da canción en Galicia, Sito Sedes, que tomará o micro xunto cos catro cantantes habituais da Big Band: Bea García, Gabi Triana, Paula Pérez e Mery Lafuente. Os vocalistas despregarán unha variedade de estilos que abranguen dende clásicos do swing ata temas máis líricos.

O aforo é limitado. A reserva previa para a actuación pode facerse chamando ao número de teléfono 981 762294 ou nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Garufa Blue Devils Big Band xorde a mediados do mes de outubro de 2014 ao abrigo do Garufa Club da Coruña, de forma similar ao que facían as grandes e históricas bandas das décadas dos anos 30 e 40 do século pasado.

Ata o momento a formación publicou 5 discos e actualmente traballa na publicación do sexto traballo. s. s.

25 jun 2021 / 15:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.