Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Marea noiesa insta ao goberno local a negociar as obras do Plan Único

NOIA. A Marea Cidadá de Noia insta ao goberno de Santiago Freire a “negociar” os proxectos para o Plan Único da Deputación da Coruña deste ano e demanda que unha parte importante se destine ao saneamento das augas residuais “que, agora mesmo, se verten sobre a ría sen o tratamento axeitado”, aseguran. Dende a formación afirman que levan anos solicitándoo e “este ano Noia terá acceso a máis de 550.000 euros en forma de subvencións para obras e mantemento de servizos, os cales a Marea entende que

deberían ir, en gran parte, ó saneamento das augas residuais”, reiteran. Por todo, dende o partido noiés consideran que “a presentación de proxectos de xeito unilateral non axuda a solucionar os problemas da vila”, e advirten que se o executivo local se nega a negociar, non seguirá apoiando “proxectos de última hora”. m. c.

13 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito