Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Mirandela e Agros Atalaia estrean acceso ultrarrápido a Internet con R

Cento vinte e catro vivendas e empresas teñen acceso de ata 500 megas simétricos

A Pobra. Os habitantes dos núcleos de Agros Atalaia e A Mirandela, no municipio da Pobra, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

O operador galego vén de rematar alí parte das tarefas de despregamento da súa rede de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos lugares pobrenses.

Deste xeito, 124 novos fogares e negocios dos devanditos núcleos quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, Internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R, e a peche de 2021 serán preto de 1.300 as novas residencias particulares e empresas conectadas ás redes de última xeración do operador galego só no marco do Plan Avanza.

A maiores, a compañía leva moito tempo investindo na despregadura da súa infraestrutura na Pobra, de maneira que a ese milleiro longo de inmobles sumaranse 3.301 conectados ata a data a través doutras accións de desenvolvemento de rede, co que dito concello barbanzán comezará 2022 con 4.601 fogares e negocios incluídos nas redes de nova xeración de R.

Esta e outras actuacións forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria no ano 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH nun total de 512 núcleos de Galicia. s. s.

21 sep 2021 / 14:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.