Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Rivas reuniuse este martes, coincidindo co 8M, cunha vintena de profesionais do mar en Noia // Escoitou as súas demandas, vinculadas á desigualdade de xénero existente, e destacou o Plan Estratéxico que vén de aprobar o Goberno TEXTO M. Cano

A muller, pilar imprescindible no sector pesqueiro de Galicia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, salientou este martes o papel imprescindible das mulleres para o funcionamiento do sector pesqueiro da provincia da Coruña, que é un auténtico motor económico. Expresouse así durante unha xuntanza cunha vintena de integrantes da Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros e Noia encabezada pola súa presidenta, Adela Lestón.

María Rivas destacou o traballo da entidade, creada en 2016 e formada por profesionais como redeiras, percebeiras, bateeiras, armadoras e mariscadoras, entre outras. A súa finalidade é reforzar o papel da muller do mar no territorio e visibilizar o seu papel.

A subdelegada escoitou as súas demandas, vinculadas á desigualdade existente entre homes e mulleres. En concreto, recolleu varias situacións que mostran o desequilibrio existente aínda dentro do camiño cara a igualdade e comprometeu o seu apoio para trasladalas aos ministerios e continuar o avance social que é imparable.

A presidenta do citado colectivo trasladou a necesidade de contar con máis medios que lles permitan conciliar a vida laboral e familiar. “Somos moi matriarcales e, a maioría de nós, ademais de traballar fóra da casa, tamén nos facemos cargo dos nenos e, ao vivir en zonas rurais, isto faise moi complicado porque hai moi poucas garderías públicas e é moi difícil conciliar”. “Os nosos horarios son moi dispersos e, se tes a unha persoa maior ao cargo, é complicado encontrar a alguén que poida atendela puntualmente cando ti non estás ”, afirmou Lestón.

A visita a esta entidade composta de forma íntegra por mulleres coincidiu co 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Neste sentido, a subdelegada destacou que o Goberno vén de aprobar o Plan Estratéxico para a Igualdade Efectiva de Homes e Mulleres 2022-2025.

María Rivas incidiu nos pasos dados cara a igualdade en sectores onde as mulleres son minoría, como o do mar ou as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que transitan no camiño correcto.

Sobre o Plan Estratéxico para a Igualdade Efectiva de Homes e Mulleres, María Rivas explicou que conta con catro eixes: Bo Goberno, Economía para a vida e reparto xusto da riqueza, Cara a garantía de vidas libres de violencia machista contra as mulleres e Un país con dereitos efectivos para as mulleres.

Os diversos elementos do plan contan con estes catro eixes, vinte liñas de traballo, corenta e nove obxectivos específicos e 140 e un obxectivos operativos. O orzamento global para todo o periodo 2022-2025 suma 20.319 millóns de euros, o que supón multiplicar por catro o último investimento.

A representante do Goberno central asegurou que o Plan sitúa a España na vangarda europea e cumple un punto fundamental expresado pola Comisión Europea e esixida polos tratados da Unión.

Durante o encontro coas profesionais do sector pesqueiro a subdelegada tamén lembrou que España é o único Estado de Europa que sitúa a perspectiva de xénero como un dos alicerces do seu Plan de Recuperación. En concreto, un dos catros eixes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia inclúe a igualdade, o cal implica a maior mobilización de fondos da historia, segundo apuntou.

Outras políticas do Goberno cara a igualdade foron o Decreto Lei de Igualdade Retributiva, a equiparación dos permisos de paternidade e maternidade, ou a subida do Salario Mínimo Interprofesional e o Ingreso Mínimo Vital, que afectan de forma moi intensa ás mulleres.

09 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.