Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Orquestra de Cámara Galega actúa o 18 en Rianxo

Rianxo. O auditorio municipal de Rianxo acollerá o vindeiro sábado día dezaoito a partir das oito e media da tarde un concerto da Orquestra de Cámara Galega, baixo a batuta de Rogelio Groba Otero e coa actuación de Laura del Río como soprano.

A reserva de localidades debe realizarse a través da web municipal e farase efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio (a reserva non é inmediata).

De quedar localidades dispoñibles, despois do proceso de reserva, poderán solicitarse na billeteira do auditorio dende media hora antes do comezo do concerto.

NOVOS INTÉRPRETES. Por outra banda, previamente, este venres día 10, ás 20.30 horas, terá lugar tamén no auditorio un concerto a cargo de Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano) dentro da programación do IV Ciclo de Novos Intérpretes. E o sábado día 11, ás 12.30 horas, Nelson Quinteiro representará o seu espectáculo Os apalpadoriños, dirixido a crianzas e familias, e ás 20.30, a asociación Fogo Fatuo celebrará o seu tradicional Festival de Nadal.

Neste caso, a reserva de entradas debe realizarse a través do correo electrónico fogofatuo@fogofatuo.es ​​​​​​​ou do número 663 322 149. s. s.

03 dic 2021 / 18:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.