Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A patronal boirense crea un catálogo de agasallos para conseguir acumulando puntos cas compras

Ribeira. A Asociación Boirense de Empresarios vai poñer en marcha este venres un sistema de fidelización polo que os clientes dos establecementos asociados poderán acumular puntos cas compras realizadas e cambialos por agasallos: dende botellas por 50 puntos ata maletas (500) ou carros da compra (400) ata cargadores inalámbricos que ademais funcionan como reloxo-despertador con pantalla LED (200), auriculares (150), bonos de 5 euros (100) ou fiambreiras (100).

Tras realizar unha compra en calquera establecemento socio da ABE (comercio, hostalería, servizos, etc.) o cliente deberá rexistrar os tiques na web www.abe.gal. Con ese rexistro acumulará puntos que despois poderá cambiar por agasallos do catálogo. Con cada tique rexistrado o cliente conseguirá o 10 % en puntos, que se irán acumulando na súa conta. Cando chegue aos necesarios para conseguir un agasallo, só terá que contactar coa ABE para recollelo.

Con este proxecto a ABE completa a oferta de fidelización para os clientes iniciado ca tarxeta agasallo (Bonos ABE) do que o ano pasado se venderon máis de 8.000 € que repercutiron nos propios negocios. s.s.

28 nov 2022 / 15:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.