Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A patronal de Boiro sortea vales románticos ‘á medida’

Boiro. A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vai poñer en marcha este venres 3 de febreiro unha nova campaña de promoción do comercio local con motivo da festividade de San Valentín (14 de marzo) co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados á citada entidade.

Nesta ocasión, os premios consistirán en dúas experiencias románticas en Boiro para dúas persoas, que poden incluír dende comer, sobremesa, café, tomar algo, cear, baile e copas, aloxamento ou mesmo ata pedir os servizos dun taxi para desprazarse.

Trátase de dúas experiencias totalmente configurables ao gusto das parellas que resulten premiadas. Para participar no sorteo os clientes deberán rexistrar os tiques de compra de calquera negocio asociado á patronal a través da páxina web www.abe.gal entre os días 3 e 14 de febreiro, e o sorteo realizarase o mércores 15 deste mes.

Cómpre lembrar, ademais, que os tiques que se rexistren para esta campaña tamén acumulan puntos para cambiar por agasallos do catálogo que creou a patronal. Esta campaña conta ca financiación da Xunta. s. souto

02 feb 2023 / 17:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.