Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A patronal de Ribeira sortea este mes oito vales de 50 €

Ribeira. A patronal de Ribeira puxo en marcha a campaña Volta ó cole, cunha serie de sorteos dirixidos a todos os clientes que merquen e consuman nos establecementos asociados ata o 30 de setembro e rexistren os tiques ou facturas na web da entidade.

Sortearanse 400 euros en vales de compra: o primeiro sorteo realizarase o 13 de setembro entre os boletos rexistrados do 6 ó 12; o segundo será o 19, entre os rexistrados do 13 ó 18 de setembro; o terceiro será o día 26 entre os rexistrados do 19 ó 25; e o cuarto será o día 3 de outubro, entre os rexistrados do 26 ó 30 de setembro. En cada un dos catro sorteos poranse en xogo dous vales de compra por importe de cincuenta euros.

A realización dos sorteos terá lugar de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre todos os participantes, ata conseguir os gañadores.

O cliente rexistrado na campaña poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero unha vez agraciado cun premio, xa non poderá optar a ningún máis na mesma edición, podendo obter polo tanto cada cliente un único premio. Así mesmo, só se poderá conceder un premio por establecemento participante. s. souto

14 sep 2022 / 15:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.