Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A patronal noiesa informa das campañas nunha novidosa pantalla dixital

NOIA. A patronal Noia Histórica presentou este martes un punto informativo dixital que foi instalado na rúa Rosalía de Castro, xunto ao centro educativo Virxe do Mar, no casco urbano noiés.

Ao acto inaugural asistiu o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira de Comercio, Laura Salgado García, así como representantes da patronal.

Segundo indicaron dende a mencionada entidade, trátase “dun punto de información novidoso e dinámico, un espazo de promoción para as empresas, un motivo máis para pertencer a Noia Histórica e un plus para a vila”. A adquisicion deste novo soporte dixital contou cunha subvención do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); empregarase como espazo publicitario e divulgará información de interese: datos sobre as campañas, a covid e o tempo, entre outros temas. m. c.

08 feb 2022 / 20:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.