A Pobra abre a matrícula da Escola de Música, con variadas propostas
Ofrece formación en 16 instrumentos, combos, ensemble de percusión ou grupos de cámara
A Pobra. A asociación cultural ESMU A Pobra, ca colaboración da concellaría de Cultura e Organistrum, organiza para o curso 2020/2021 a Escola de Música da Pobra, cunha ampla proposta formativa.
Entre as clases que ofertan figuran iniciación musical infantil (de 3 a 5 anos), formación instrumental individual (saxo, frauta, clarinete, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello, piano, piano complementario, guitarra, baixo eléctrico, ukelele, percusión e batería), linguaxe musical, harmonía clásica e moderna, banda xuvenil, grupos de cámara, combos (jazz, funck e rock) e ensemble de percusión.
A matrícula xa está aberta e pódese realizar de xeito telemático ou presencial. No caso de elixir esta última opción, será preciso solicitar unha cita previa chamando antes ó 636 342 485 ou ó 616 901 276, nos cales tamén se pode solicitar máis información.
As aulas desenvolveranse na casa da cultura Raquel Fernández Soler e o custo depende do número de materias que se escollan e de cales sexan esas disciplinas. Todas as clases seguirán os protocolos fronte á Covid-19. s. s.