Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra abre o prazo de ideas para deseñar unha escultura

A Pobra. O Concello da Pobra do Caramiñal dedicará unha escultura ás vítimas da violencia de xénero para así homenaxear estas mulleres e lanzar unha mensaxe de repulsa á violencia machista. A concellería da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela, convoca así un concurso de ideas para o deseño da talla ó abeiro da programación do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

O prazo de recepción das propostas abriu o pasado martes. As persoas interesadas dispoñen de 30 días naturais para realizar a entrega do material xunto coa documentación requirida no rexistro xeral, por correo ou en calquera das formas determinadas no procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén é preciso achegar unha copia da solicitude de participación a través do enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Dos traballos presentados, o xurado elixirá a obra gañadora, que terá como premio unha dotación económica de 3.000 euros, a entrega dun diploma e a adxudicación da realización da escultura por un importe máximo de 9.000 euros. A segunda mellor valorada será galardoada cun accésit. Poden consultar as bases en www.apobra.gal. cg

17 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.