Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra acolle a mostra ‘Nós somos elas’ ata o 30

A Pobra. A casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler acubilla durante a última quincena do mes de novembro unha nova mostra impulsada pola concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal ao abeiro da programación do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, e que chega á localidade en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a área da Igualdade da Deputación.

A mostra titúlase Nós somos elas e artéllase sobre a visión de vinte e catro poetas arredor de imaxes do Arquivo Vidal. Esta exposición busca poñer o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e familiar polo fotógrafo de Laxe José Vidal (1900-1988). Instantáneas do pasado acompañadas de palabras do presente que sitúan as mulleres como protagonistas e convida ao público a reflexionar sobre o papel das mulleres ao longo da historia.

As poetas que poñen as súas palabras ás fotografías son Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira e Estíbaliz Espinosa, entre outras. ecg

19 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.