Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra acolle na alameda A nosa feira, con catorce postos

A Pobra. A alameda da Pobra volve acoller un ano máis A nosa feira, unha iniciativa que busca apoiar ao comercio, especialmente o itinerante, pero que tamén serve de escaparate para establecementos da localidade. Nesta sexta edición participan catorce postos de xoiería, roupa, complementos, artesanía en madeira, alimentación, marroquinaría, gravado en láser...

Ademais, o Concello instalou dúas casetas para que se instalen de xeito gratuíto artesáns e comerciantes locais que van ir rotando. Elexiuse a alameda por ser un lugar céntrico, moi transitado e nas proximidades de establecementos hostaleiros.

A feira permanecerá aberta at o día 31 de agosto en horario de 10.30 a 14.30 e de 17.00 a 22.00 horas. s. souto

28 jul 2022 / 14:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.