Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra acolle un curso sobre iniciación á gandería de ovino-cabrún

Será no auditorio local do 11 ó 16, e o programa inclúe a visita a unha explotación da zona

A Pobra. A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto organizar un curso sobre iniciación e mellora da gandería de ovino-cabrún na Pobra. Desenvolverase dende o vindeiro luns 11 ata o sábado 16 no auditorio do Museo Valle-Inclán, de 09.00 a 14.00 horas.

Esta iniciativa está dirixida a calquera persoa vinculada profesionalmente ou con expectativa de incorporación aos sectores produtivos relacionados coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira, así como aos mozos e mozas do rural galego interesados neste eido.

Ao longo das 25 horas, o curso afondará en diversos temas, como a situación actual do sector, a alimentación destes rumiantes e os seus requirimentos, así como o manexo e implantación de pradeiras ou as axudas ás que poden acceder os gandeiros.

Ademais, a acción formativa tamén contará cunha visita a unha gandería da zona para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos.

PLAN INDIVIDUALIZADO. Deste xeito, o obxectivo principal do curso é incrementar o nivel de profesionalización do sector ovino-cabrún galego. Para iso, os docentes analizarán as carencias dos titulares e potenciais titulares deste tipo de explotacións gandeiras que asistan á formación, elaborando un plan de mellora individual.

Os interesados en participar poden solicitar máis información chamando ó número 981 546 689. s. souto

04 oct 2021 / 14:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.