Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra acollerá un foro sobre saúde e benestar

a pobra. O Concello da Pobra e a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes (Anedia) organizan unhas xornadas sobre saúde e benestar. A primeira charla, titulada Compra Con-Ciencia, descifrando as etiquetas dos alimentos, será o vindeiro venres 7 e correrá a cargo de Marta Sanmartín Toimil, farmacéutica e nutricionista. O día 14 será a quenda de Mónica Rodríguez Castaño, enfermeira de Pediatría no centro de saúde local, sobre primeiros auxilios para nais e pais. O ciclo continuará o día 21 ca charla sobre exercicio físico na diabetes mellitus tipo 2, da man de Manuel Genaro Gutiérrez Fernández, médico de familia da atención primaria. E, finalmente, Marian Rodríguez Blanco, xefa de Pediatría do hospital comarcal do Barbanza, ofrecerá a charla E ti que podes comer? Enfermidades emerxentes, outras formas de comer, o venres día 28. As sesións transcorrerán a partir das 20.00 horas no auditorio do Museo Valle-Inclán. s. souto

04 may 2021 / 17:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.