Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 16 enero 2022
19:58
h

A Pobra activa o novo servizo do comedor a domicilio para dependentes

Poderán beneficiarse tamén persoas en risco de exclusión social e xa funcionará en febreiro

A Pobra. A partir do vindeiro día 24, os veciños da Pobra que cumpran os requisitos xa poderán presentar a documentación para solicitar o servizo do comedor sobre rodas, que se porá en marcha a a principios de febreiro.

Trátase dun servizo de comida en quente a domicilio para persoas dependentes ou en risco de exclusión social, co que se pretende facilitar a vida dentro do seu entorno.

Esta prestación, que contará con financiamento para gastos sociais da Deputación da Coruña, busca facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes que non poden valerse por si mesmas. Contarase cunha nutricionista que controlará os pratos, os cales serán elaborados adaptados ás necesidades de cada persoa usuaria, baixo unha prescrición médica, de ser o caso.

Os menús constarán dun primeiro, un segundo e sobremesa, e entregaranse de luns a venres, agás nos festivos, en horario de 12.00 a 14.30 no propio domicilio.

O prezo de licitación é de 7,35 € diarios, IVE incluído, pero contarase con bonificacións que se aplicarán seguindo unha serie de criterios.

Entre os requisitos xerais figuran o de ser maior de 60 anos con limitacións de autonomía persoal e que non conten con apoio para desenvolverse por si mesmo; ser menores de 60 e que, por circunstancias persoais e/ou sociais, se precise o servizo; ou ser dependente sen axuda para desenvolverse na elaboración das comidas. s. souto

14 ene 2022 / 13:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.