Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra activa obradoiros de conciliación con comedor

A Pobra. O Concello da Pobra do Caramiñal achega novamente, a través da concellería da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela, a opción de conciliar cuns obradoiros que se desenvolverán dende o vindeiro día vinte e dous de decembro ata o sete de xaneiro.

Celebraranse nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 09.00 a 14.00 horas, coa posibilidade de entrar ás 10.00 horas, e están dirixidos a crianzas nadas entre os anos 2010 e 2018.

O prezo total é de trinta euros por nena/neno, pero aplicarase un desconto do cincuenta por cento á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a.

Ademais, inclúe o Servizo de Madruga, cuxo custo será de oito euros pola entrada do cativo/cativa a partir das 08.00 horas e de doce euros dende as 07.30 horas. Tamén haberá a prestación de comedor para dar maiores facilidades ás familias usuarias deste servizo municipal.

A data límite para poder formalizar as inscricións é o luns día vinte de decembro a través das oficinas de Deportes do Concello, situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, dende as 09.30 ata as 14.30 horas, ou ben chamando ós números de teléfono 981 832 590 e 981 831 545. suso souto

09 dic 2021 / 17:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.