Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 16 agosto 2022
17:03
h

A Pobra activa un ciclo sobre aproveitamento de excedentes agrícolas

A Pobra. Proseguindo no eido da implantación do proxecto de aproveitamento de excedentes agrarios posto en marcha pola concellería de Promoción Económica da Pobra, este mes terán lugar dúas charlas sobre planificación na horta agroecolóxica a cargo de Conchi Docampo, do proxecto Burbullas de Sol (San Mamede-Vedra).

A primeira será o vindeiro mércores día 17 e a segunda o día 24, na aula de estudo da biblioteca municipal, ás 19.00 horas. As persoas interesadas en asistir deberanse anotar chamando ó número de teléfono 981 843 280.

Os obxectivos do proxecto son poñer en valor a produción agrícola das pequenas explotacións; fomentar o consumo de alimentos de calidade e de proximidade; xerar actividade económica a partir dos produtos de tempada; dinamizar o comercio local; fomentar a actividade agraria; e promover un estilo de vida saudable e sostible. s. s.

15 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.