Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra amplía xa o refuxio para os animais abandonados feito en 2018

Conta a zona engadida, de máis de 186 metros cadrados, cunha área de corentena e patio

A Pobra. Despois de que en 2018 finalizase a construción das instalacións dun refuxio para animais abandonados, o Concello da Pobra do Caramiñal, a través da concellaría de Benestar Animal, emprendeu neste ano a ampliación do inmoble, situado no polígono industrial da Tomada, para así dar unha mellor resposta aos abandonos de animais que se producen na vila.

Ata alí desprazáronse o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira do Benestar Animal, Estefanía Ramos, para ver de primeira man a evolución das obras. A ampliación comprende unha superficie de 186,45 metros cadrados, divididos en oficina, baño, espazo para animais que chegaron recentemente, área de corentena e patio exterior.

Dita actuación está sendo executada pola empresa Excavaciones Nima e comporta un investimento de 45.586 euros, enmarcándose nunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental, da Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Así mesmo, está previsto que os traballos rematen a finais deste mes e proxéctase nun futuro acondicionar o exterior do complexo e realizar un peche perimetral.

O rexedor e a edil tamén expresaron o seu agradecemento á Protectora Moura e á agrupación de voluntarios de Protección Civil polo seu labor na recollida de animais abandonados nas rúas.

O executivo pobrense está moi sensibilizado con este tema; antes de construirse o refuxio no recinto industrial, o pequeno patio existente na parte posterior da casa consistorial ou o garaxe de Protección Civil servían para custodiar os cans que se recollían na rúa ata que a protectora Moura, coa que a administración local vén colaborando dende hai tempo, lles atopaba unha casa de acollida.

Asimesmo, recentemente instaláronse unha caseta de madeira e varios comedeiros nos que os voluntarios depositan pienso para os gatos rueiros na Praza da Treixadura e en rúas da zona. s. s.

17 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.