Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra duplica as axudas escolares e reforza os servizos Madruga e comedor

A Pobra. Co obxectivo de facilitar o acceso á educación en igualdade de condicións, o Concello da Pobra do Caramiñal reforza as prestacións para o curso escolar 2022-2023.

A concelleira de Igualdade, Charo Varela, explicou que a administración local contratou cinco monitoras para o servizo Madruga e o apoio ao comedor escolar na E.E.I. Fernández Varela, no CEP Pilar Maestú Sierra e no CEP Salustiano Rey Eiras.

Debido ao volume de persoas usuarias, valórase incorporar unha profesional máis. O primeiro está orientado a favorecer a conciliación das familias por posibilitar a entrada dúas horas antes do inicio do horario escolar, mentres que o segundo consiste nunha colaboración coas ANPA’s con relación ao coidado das crianzas, entre as 14.00 e as 16.00 horas.

Na súa dimensión social, a edil de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, manifestou que se incrementan as axudas á escolarización que se outorgan seguindo parámetros obxectivos. Os datos reflicten que se pasou de dezanove solicitudes en 2021 a trinta e oito neste 2022, das cales foron concedidas once e vinte e tres, respectivamente.

En total benefícianse trinta e catro crianzas. As denegadas foron por superar o baremo económico. Estas prestacións van en dúas vertentes: unha cota fixa para material escolar de 55 euros e unha subvención para sufragar o gasto do comedor escolar, que oscila entre o cincuenta e o cento por cento, segundo indicou Cerecedo. s. souto

27 sep 2022 / 16:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.