Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra entrega os premios do concurso de fotos de Entroido Choqueirada na casa

A POBRA. A concelleira de Cultura da Pobra, Patricia Lojo, entregou este luns os premios ás persoas gañadoras do concurso fotográfico Choqueirada na casa. As recompensas consisten en vales de compra para gastar nos establecementos locais que participaron nesta iniciativa que se concibiu para o Entroido pobrense neste 2021. Para as categorías infantil, xuvenil, adulta e familiar establecéronse 3 galardóns (o primeiro de 200 euros, o segundo de 150 e o terceiro de 100), mentres que á foto antiga se lle asignou o especial de 200 euros.

Das máis de cen fotografías presentadas, o xurado ditaminou que as distincións recaesen da seguinte maneira: na modalidade infantil, o primeiro galardón para A raíña das flores murchas, o segundo para Señora Marquesa e o terceiro para A vella do visillo; na xuvenil, Unha vella nos tempos da COVID quedou de primeira e os outros dous quedaron sen adxudicar por non se presentaren máis fotos; na adulta, Moscón fardón acadou o primeiro posto, seguido de A ladroa dos calcetíns da lavadora e de A Queen da casa. No que respecta á familiar, o ouro foi para A familia Trapisonda, a prata para El inviolable e o bronce para Secretos de choqueiros confinados. Por outra banda, o premio especial á imaxe antiga foi para Luces de bohemia nos Xardíns de Valle-Inclán.

O concurso botou a andar coa pretensión de conxugar o desfrute da tradición entroideira co feito de pór en valor a recuperación da figura do choqueiro respectando as medidas sanitarias establecidas por mor da COVID. S. S.

08 mar 2021 / 19:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.