Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra festexa a fin de semana o Nazareno con concertos nas prazas

A POBRA. O Concello da Pobra programou unha serie de actividades para a festividade do Nazareno. A primeira será este venres ás 21.00 horas no Cantón da Leña: a actuación de The Tetas’ Van. O sábado 18 será a quenda de Latexo Percusión que levará o ritmo a numerosos emprazamentos da vila na sesión vermú, mentres que Moito! collerá o testemuño a partir das 21.00 na Praza Segundo Durán, onde continuarán as sesións musicais o domingo 19 a cargo de Human, ás 19.30, e Tonhito de Poi, ás 21.00. O luns 20 haberá ruada infantil con Troula Animación, ás 18.00, e o toque musical virá da man de tres grupos: Mallou (Praza Maura, ás 19.00), Blow (Praza García Martí ás 19.30) e Otra Onda (alameda, ás 20.00). Todos eles farán un segundo pase. Ademais, Caraveiros, Trécola e Arrancadeira farán alboradas o sábado e o domingo. S. Souto

14 sep 2021 / 14:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.