Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra fomenta a inclusión cun curso sobre a lingua de signos

A Pobra. Ante a boa acollida que tivo o curso de iniciación á lingua de signos no pasado ano, a concellería de Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, promove unha nova edición para o actual exercicio.

A adquisición de nocións básicas sobre a comunicación mediante a lingua de signos e o fomento da inclusión son os dous eixos desta acción formativa que presenta o mencionado departamento municipal, dirixido por Amparo Cerecedo, quen presentou a proposta acompañada da orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez.

As clases impartiranse o vindeiro martes día vinte e cinco do presente mes de outubro, dende as dez da mañá ata as dúas da tarde, nas instalacións da aula multiusos da Casa da Mocidade, ubicada no barrio de O Lagar.

Esta nova acción formativa vai dirixida a toda a cidadanía en xeral, e o prazo para poder formalizar as inscricións permanecerá aberto a partir deste xoves día seis e ata o xoves trece, ambos inclusive.

O trámite formalizarase a través do Rexistro do Concello da Pobra ou na sede electrónica, onde está á disposición o documento de solicitude. Tamén será preciso achegar unha fotocopia do DNI.

Establécese un límite de vinte e cinco prazas, que se cubrirán por orde de entrada das solicitudes. As persoas interesadas en obter máis información sobre este curso poden chamar ó número de teléfono 981 377 610. s. s.

05 oct 2022 / 17:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.