Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra honra a García Martí con paneis de imaxes e citas na súa casa

No marco do ciclo adicado a Victoriano García Martí, focalizado na divulgación e contribución á posta en valor da figura e obra deste escritor pobrense, Fillo Predilecto da localidade, a edil de Cultura, Patricia Lojo, presidiu a inauguración da instalación conmemorativa na fachada da antiga casa do escritor, situada no Paseo do Areal.

Colocada en colaboración con Gadisa, está composta por imaxes do intelectual acompañadas de citas de Valle-Inclán, Unamuno e Blanco Amor que aluden a el.

A continuación realizouse a ofrenda floral ante o seu busto na praza García Martí e a lectura pública de escritos seus relacionados ca vila. Algúns dos artigos lidos foron La ría de Arosa, Noble y fecunda rivalidad e Del mar gallego, publicados en xornais da época. O alcalde, Lois Piñeiro, indicou que “é un persoeiro que nos representa dunha maneira especial”, ademais de manifestar que “Valle-Inclán é o noso buque insignia, pero esa armada está formada tamén por outros escritores como Victoriano García.”

O director do museo local, Antonio González, dixo que este centro conta nos seus fondos ca súa fototeca, obxectos persoais e o epistolario.

A ruada festiva correu a cargo de Arrancadeira, levando o baile e música tradicional por distintos espazos.

A programación seguirá o vindeiro día 27 ca conferencia Ideología y activismo en Victoriano García Martí. Una voz quebrada, da man de Arantxa Fuentes Ríos, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e ca presentación da edición facsímile de Don Severo Carballo. Del alma gallega (1917), no Teatro Elma, ás oito da tarde.

22 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.