Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra imparte tres accións formativas de agroecoloxía e autoemprego colectivo

A Pobra. Como antesala do proxecto de inserción sociolaboral colectiva baseada na produción e comercialización de cultivos vexetais baixo os criterios da agroecoloxía, o cooperativismo e a economía social que se vai levar a cabo, o Concello da Pobra organizou unhas xornadas formativas tituladas Agroecoloxía: autoemprego colectivo para unha vida digna e sustentable.

O venres 17 impartirase na Casa da Mocidade ás 17.00 horas a charla Aterrando na Pobra, co obxectivo de coñecerse e reflexionar colectivamente, ademais de compartir experiencias e expectativas.

E o sábado 18 terá lugar a titulada Alimentando A Pobra, que consistirá nun percorrido pola contorna (dende as 10.30) no que os participantes se aproximarán á produción agroecolóxica e coñecerán os recursos para unha planificación adecuada dos cultivos. Ás 17.00 o auditorio acollerá outra sesión sobre as alternativas de comercialización de proxectos agroecolóxicos. s.s.

10 dic 2021 / 14:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.