Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra impartirá cursos sobre gandería de vacún

A Pobra. O Concello da Pobra organizou un curso de iniciación e mellora da gandería de ovino/cabrún que se impartirá do 13 ó 17 deste, de 25 horas lectivas, e outro de iniciación e mellora da gandería de vacún de carne, que será do 18 ó 22, ca mesma duración.

As clases terán lugar no auditorio do Museo Valle-Inclán, de 09.00 a 14.00 horas, seguindo as medidas implantadas por mor da covid.

Serán impartidas por Joan Alibés, pertencente a Beealia.

Os obxectivos principais son identificar as necesidades de cada alumno para adaptar o contido dos cursos ás mesmas; proporcionar as bases de coñecemento do sector ovino e cabrún galego (carne e leite); e elaborar un plan individual para o proxecto/gandería de cada participante.

As dúas accións formativas son de balde e a solicitude de reservas pode facerse chamando ao 981 377 607. s. s.

09 oct 2021 / 13:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.