Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 28 noviembre 2021
18:42
h

A Pobra impartirá un curso de tres días sobre coidado de persoas dependentes

A Pobra. A concellería de Desenvolvemento Local da Pobra e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns organizan un curso de intervención en maiores dependentes destinado a persoas coidadoras e cidadanía en xeral. As clases impartiranse do 20 ó 22 de outubro, de 10.00 a 14.00 horas, na Casa da Mocidade.

O programa estrutúrase en tres partes: coidados básicos na demencia tipo alzhéimer, na xornada do 20; mobilizacións e hixiene postural, o día 21; e prevención de úlceras por presión e sinais de alarma en alzhéimer, o día 22.

As persoas interesadas dispoñen ata o seis de outubro para inscribirse a través do rexistro do Concello, tanto físico como telemático, onde está á disposición o documento de solicitude. Tamén será preciso achegar copia do DNI.

As prazas dispoñibles son limitadas e cubriranse pola orde de entrada. Pódese solicitar máis información ao respecto chamando ó número de teléfono 981 377 610. s. s.

29 sep 2021 / 15:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.