Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra inicia a súa Semana do Mar cun mercado mariñeiro que inclúe 65 postos

Desenvolverase do 15 ao 25 deste mes e a programación tamén inclúe charlas e un paseo guiado polo litoral

A Pobra. Unha nova edición da Semana do Mar chega á Pobra do Caramiñal dende o día 15 ata 25 de xullo, poñendo así en valor o vínculo do municipio co mundo mariño, tal e como puxo de manifesto a concelleira do Turismo, Charo Varela, no acto de presentación desta proposta. Acompañada da técnica municipal desta área, Sara Sánchez; do presidente da Asociación Amigos do Camiño do Barbanza A Orixe, e de Daniel Castaño, en representación de Iacobus Medieval, a edil expuxo que “A Pobra é unha vila que mira o mar, que vive del e que ten unha fonda tradición con el”.

A programación comezará este xoves co mercado mariñeiro que se estenderá ata o 18. Situarase nos Xardíns de Valle-Inclán e nas prazas contiguas, e estará integrado por un total de 65 postos de diversa índole.

Para o sábado día 17 programouse a charla A pesca artesanal e sostible. Orgullo do noso, da man de Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro de Porto do Son e divulgador sobre o seu oficio. Será ás 20.00 horas no auditorio do museo Valle-Inclán.

Ao día seguinte, o xornalista Manuel Gago ofrecerá un paseo guiado polo litoral pobrense. Titulado Contos, lendas e historias a carón do mar, o percorrido comprende dende a praia da Illa ata o convento de Santo Antonio. Xa o día 23, as mariscadoras da Asociación Mar da Pobra explicarán o seu labor nunha xornada de turismo mariñeiro que transcorrerá na praia dos Areos.

O cartel tamén inclúe os percorrido do Camiño de Santiago por mar e terra para promocionar as rutas e a actividade A pesca-la troula, dirixida ao público infantil.

Agás para o mercado mariñeiro, para participar nas iniciativas requírese a inscrición previa no teléfono 981843280, marcando a extensión 2035, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas,ou presencialmente no punto de información turística. m. t.

12 jul 2021 / 20:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.