Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra Moza! achega un obradoiro de parkour e unha sesión musical á vila

a pobra. O obradoiro de iniciación ao parkour constitúe a cuarta das propostas que achega o programa A Pobra Moza! Este taller dirixido á xuventude que supere os 12 anos desenvolverase o venres 18 de novembro, a partir das 19.30 horas, no toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán. Disponse ata o día 17 para se anotar mediante unha ligazón dipoñible na páxina web do Concello (apobra.gal). Por outra banda, a axenda lúdica de A Pobra Moza! tamén incorpora unha proposta cara ó mes de decembro. A música de hydn, Chris Indian e DJ Set con André Melón marcará o ritmo do próximo día 9, a partir das 22.00 horas, no toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán. Esta axenda posta en marcha pola concellaría da Mocidade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo, para diversificar o ocio da xente nova, encara así a recta final. m. c.

15 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.