Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra ofrece outro curso de lingua de signos tras o éxito dos dous anteriores

Impartirase os luns e os mércores, do 15 de febreiro ó 22 de maio, na Casa da Mocidade

A Pobra. Dada a demanda que tiveron as dúas edicións do curso de iniciación á lingua de signos, o Concello da Pobra decidiu dar un paso máis e ofertar o nivel A1. A concelleira de Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo, destacou a importancia desta iniciativa, “que favorece a comunicación e a inclusión”. Tamén indicou que se continúa traballando na homologación dun espazo municipal para os certificados de profesionalidade.

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia será a encargada de impartir a formación os luns e os mércores do período comprendido entre o día 15 de febreiro e o 22 de maio.

Haberá dous grupos para facilitar a asistencia das persoas interesadas. Un será na quenda da mañá, de 11.00 a 13.30 horas, e outro na da tarde, de 16.00 a 18.30. As clases terán lugar na aula multiúsos da Casa da Mocidade.

Abordaranse seis unidades didácticas con contidos gramaticais, léxicos, socioculturais e pragmáticos propios do nivel básico. O prazo de inscrición permanecerá aberto do 23 ó 27 de xaneiro. As solicitudes de participación nesta acción formativa entregaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, xunto coa copia do DNI. Establécese un límite de 20 prazas por grupo, que se cubrirán por orde de entrada. As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ó 981 377 610. Na presentación participaron tamén a orientadora laboral, Blanca Álvarez, e o axente de Emprego, Luís M. Domínguez. s. s.

20 ene 2023 / 17:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.