Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra programa este verán tres travesías por mar e unha polo río Ulla

A POBRA. Ás visitas guiadas en catamarán ó Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas programadas para este mes, con saída e chegada á Pobra, engádense outras catro viaxes para o que resta da tempada estival, entre elas unha para coñecer a Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla, froito da colaboración entre o Concello e a empresa Piratas de Nabia. Na presentación das travesías participaron a edil de Turismo, Charo Varela, a técnica municipal desta área, Ángeles Tubío, e Vanessa Varela, en representación da navieira. O vindeiro 27 terá lugar a ruta á illa de Ons. Xa en xullo navegarase pola Ruta Xacobea do Mar de Arousa e río Ulla, na xornada do 25 (Día de Galicia). E en agosto regresarase a Ons e á illa ribeirense de Sálvora, os días 8 e 29, respectivamente. As reservas poden facerse chamando ó número 986 320 048. s. s.

16 jun 2021 / 18:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.