Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra recibiu máis de cen fotos no certame ‘Choqueirada na casa’

O premio especial para a imaxe antiga foi para ‘Luces de Bohemia nos xardíns de Valle-Inclán’

A Pobra. O xurado do concurso fotográfico Choqueirada na casa, organizado polo Concello da Pobra, emitiu xa o fallo das imaxes gañadoras desta proposta que se concibiu para o Entroido deste ano.

Os premios consisten en vales de compra para utilizar nos estabelecementos locais que participan na iniciativa. Para as modalidades infantil, xuvenil, adulta e familiar estabelécense tres: un primeiro de 200 euros, un segundo de 150 e un terceiro de 100.

Das máis de cen fotos presentadas, o xurado ditaminou que as distincións recaesen da seguinte maneira: na categoría infantil, o primeiro galardón é para A raíña das flores murchas; o segundo, para Señora Marquesa; e o terceiro para A vella do visillo. Na xuvenil, Unha vella nos tempos da COVID queda de primeira, e os outros dous quedan sen adxudicar por non se presentaren máis fotos. Na adulta, Moscón fardón leva o primeiro posto, seguido de A ladroa dos calcetíns da lavadora e de A Queen da casa.

No que respecta á categoría familiar, o ouro vai parar a A familia trapisonda, a prata a El inviolable, e o bronce a Secretos de choqueiros confinados. Por outra banda, o premio especial de 200 euros para a imaxe antiga outórgaselle a Luces de bohemia nos Xardíns de Valle-Inclán. s. s.

27 feb 2021 / 12:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.