Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra reforza a reciclaxe cun punto limpo móbil

a pobra. O Concello da Pobra implantou un sistema de reciclaxe complementario ó punto limpo do polígono e ós dous minipuntos limpos urbanos. Trátase dun punto limpo móbil que custou 18.500 € e no que se poderán depositar cartuchos de impresora; aerosois; pilas (convencionais, alcalinas, botón e baterías); teléfonos móbiles; produtos electrónicos tipo RAEE (cargadores de móbiles, auriculares, etc.); CD, DVD e cintas de vídeo; lámpadas de baixo consumo; xoguetes de plástico; e pequenos electrodomésticos. Estará unha semana en cada zona da seguinte ruta: O Maño (Alto de Cabío); A Ribeiriña (na antiga fábrica de fariña); Santo Isidro (xunto ó bar), e Colo de Arca. s. s.

20 jul 2021 / 16:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.