Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra reivindica polo 25N a educación en igualdade como base da prevención

O Concello programou faladoiros, unha mostra e un concurso // Tamén haberá accións orientadas aos centros educativos

A concellaría de Igualdade da Pobra do Caramiñal activa unha ampla axenda dirixida a toda a poboación co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o 25 de novembro. Ponse así o foco na importancia da educación en igualdade como base da prevención e erradicación da violencia de xénero.

O programa esténdese a todo novembro e, de feito, algunhas actividades xa comezaron a principios de mes, como é o caso do proxecto Muller Dixital, impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ou a representación da peza teatral Miss Docet o día 12.

No cartel tamén hai oco para as exposicións que convidan á reflexión sobre o papel das mulleres ao longo da historia: a mostra Nós somos elas artéllase sobre a visión de vinte e catro poetas arredor de imaxes do Arquivo Vidal protagonizadas por mulleres. Pódese visitar na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler na última quincena de novembro.

A quenda dos faladoiros terá lugar no propio día 25. O teatro Elma dará cabida, ás 19.00 horas, a un videofórum coa proxección das curtametraxes El orden de las cosas, Libre directo e As mulleres falan para posterior debate moderado pola xornalista Marga Pazos. O acto incluirá tamén a lectura dun manifesto.

Ao día seguinte habilitarase na praza do Emigrante, en horario de mañá, o estand Agresión Off: Eu digo non á violencia de xénero. Esta iniciativa ten como obxectivo a loita contra as violencias exercidas nas mulleres a través de obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas.

Así mesmo, continúanse coas accións orientadas aos centros educativos do municipio. Na próxima semana levaranse sesións de contacontos, un obradoiro creativo artístico-dixital, unha conferencia ou un coloquios aos colexios e institutos da Pobra.

Ademais, continúa aberto o prazo do concurso de ideas para a escultura en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero. Bases en apobra.gal.

avaliación
elabórase un plan
en Boiro

··· O Concello de Boiro, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), está a realizar a avaliación do III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes e o deseño do novo Plan, que abarca os anos entre 2023 e 2027.

··· O deseño do plan estase a levar a cabo de xeito participativo para que sexan moitas as voces que aporten as súas inquedanzas, problemas e achegas para un municipio seguro, libre e igualitario.

··· Nos últimos meses estivéronse a realizar mesas de traballo co asociacionismo boirense, os sindicatos, o tecido empresarial, os servizos sociais, a mocidade ou as forzas e corpos de seguridade.

18 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.