Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra renderá homenaxe a García Martí con charlas, música e un facsímil de ‘El Emigrante’

A Pobra. O Concello da Pobra organizou para a primeira fin de semana de decembro a cuarta edición do ciclo dedicado ó escritor e xornalista local Victoriano García Martí.

A conferencia O cabaleiro da Pobra e unha reveladora novela, a cargo de Esperanza Mariño Davila, marcará o inicio do ciclo o venres día 2, ás 20.00 horas, no auditorio do Museo Valle-Inclán. Na xornada seguinte, o sábado día 3, concentrarase o groso das propostas: a compañía Trécola levará a música tradicional a espazos céntricos da vila, das 18.30 horas en diante, para dar paso, ás 19.00 horas, á ofrenda floral ante o busto do intelectual, na propia Praza García Martí, e desprazarse novamente ata o auditorio para asistir á presentación da edición facsimilar de El emigrante (1931), da man de Xesús Laíño, ás 19.30 horas.

O escritor e xornalista Victoriano García Martí (Fillo Predilecto da Pobra) foi, entre outras cousas, secretario do Ateneo de Madrid, editor das Obras completas de Rosalía de Castro, promotor do primeiro congreso de prensa de Galicia, discípulo do filósofo francés Henri Bergson e autor dunha fecunda produción literaria e xornalística. s. souto

23 nov 2022 / 14:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.