Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra sobe o telón dunha mostra teatral que inclúe sete propostas

Tres dos espectáculos baséanse en novelas de Manuel Rivas, José Prieto e María Solar

A Pobra. Un total de sete propostas dirixidas a maiores de 16 anos vanse desenvolver no Teatro Elma da Pobra durante os meses de outubro, novembro e decembro. Todas elas serán en domingo, ás 19.00 horas. As entradas son de balde e pódense reservar na casa da cultura Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono 981 831 545.

O programa arranca xa este domingo 17 con A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, baseada no libro homónimo de Manuel Rivas.

As sesións continúan o día 24 da man de Talía Teatro con Vida de cans, escrita e dirixida por Cándido Pazó. Culturactiva Producións representará sobre as táboas Conexión Pingüín o sete de novembro. Neste caso trátase dun texto de José Prieto sobre a incomunicación na era da comunicación. O domingo 14 de novembro será a quenda de Feminíssimas, da compañía De Ste Xeito Producións.

Pérez & Fernández achegarán o día 21 de novembro Os nenos da varíola, unha adaptación á escena da novela homónima de María Solar que toma como eixo central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña que participaron na Real Expedición Filantrópica da Vacina, sendo Isabel Zendal, a reitora da institución, un dos piares máis importantes da expedición.

Rematando o mes de novembro, o día 28, a compañía Fulano, Mengano e Citano presentará a obra Top Manta. E, finalmente, o día 5 de decembro, pecharase a programación ca obra titulada Estrela do día, a cargo do grupo Excéntricas Producións. s. s.

14 oct 2021 / 13:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.