Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra suma 134 fogares no programa de compostaxe

A Pobra. A concellería de Medio Ambiente da Pobra continúa inmersa na terceira campaña do programa de autocompostaxe en vivendas unifamiliares, despois de que nas dúas quendas previas se distribuísen polo termo municipal 110 colectores.

A finalidade deste proxecto radica en fomentar a sustentabilidade na xestión da materia orgánica na orixe, cuestión que redunda en beneficios medioambientais e económicos ao verse reducido o peso da fracción do resto depositada nos contedores verdes convencionais e, polo tanto, a cantidade de lixo para tratar por parte de Sogama.

Nun acto celebrado esta fin de semana no Teatro Elma entregáronse composteiros a outras dúas ducias de familias participantes na iniciativa, ademais de material divulgativo. Asimesmo, asistiron a unha a cargo dun biólogo ambiental de Ventos Estudos Ambientais, que asumirá o seguimento do proceso da compostaxe en cada un dos domicilios participantes.

Previamente tamén se estableceu un posto informativo na alameda para aclarar as dúbidas da veciñanza. Aínda quedan colectores dispoñibles para quenes queiran sumarse. Só teñen que pedilos a través do Rexistro. s. souto

01 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.