Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra vai repartir 50 composteiros no Xobre

A POBRA. O Concello da Pobra vai repartir 50 composteiros domésticos (tomando a parroquia do Xobre como punto de partida deste proxecto piloto) e 3 comunitarios en espazos públicos, tras recibir unha axuda de 14.020 € do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Así o anunciaron o alcalde, Lois Piñeiro, a edil de Medio Ambiente, Genoveva Hermo, e a técnica municipal desa área, Beatriz González. Os veciños do Xobre que desexen participar na iniciativa teñen un mes para facer a solicitude. Entre os requisitos figuran dispor dunha área exterior (xardín ou horta) cunha superficie mínima de 25 m2, e que ese terreo pertenza ao domicilio habitual. Os composteiros comunitarios contarán cunha valla delimitadora, estruturas no interior e cartel explicativo, e non supoñen unha fonte xeradora de malos cheiros nin de pragas, pois estarán controlados por unha brigada municipal. Adega fará a formación e o seguimento. S. S.

08 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.